INICIÁMO-LO CURSO 2016-2017 CON CINTAADHESIVA


O IES de Cacheiras inica o curso escolar cun «Concerto poético de benvida» de Cintaadhesiva este xoves 15 de setembro ás 12.00 para alumnado de bacharelato.

Cintaadhesiva é un espectáculo que conxuga diversas disciplinas como as artes escénicas, a poesía, a música e a videoarte. Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada.

Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.

Cintaadhesiva podería inserirse no xénero recentemente incorporado “e-poesia”: poesía con música electrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés, con reminiscencias do post-rock, dream-pop, ambient...

Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade. Unha reflexión poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano. Unha maneira diferente de enfrontar os retos do próximo curso e da entrada na vida adulta.

Publicacións populares deste blog

PREMIOS CONCURSO DE CALIGRAMAS

ANTROIDO 2017

ENTROIDO 2020