Chévere, compañía residente do Concello de Teo, volve presentar no Centro Sociocultural da Ramallosa o seu espectáculo "Ultranoite no País dos Ananos". A Ultranoite é un xénero nacido na antiga Sala Nasa e que leva xa máis de 20 anos ofrecendo un reflexo cómico, crítico, e gamberro da realidade máis inmediata. Esta "Ultranoite no País dos Ananos" bota a vista atrás da man de Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro, para facer unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Espectáculo ao mais puro estilo Chévere, cheo de humor e música en directo. En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián. Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras cancións: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vá...