SAMAÍN E MAGOSTO.

Como todos os anos aproxímanse as datas do 1º de novembro e do 11 de novembro, nas que celebramos dúas festas tradicionais de grande importancia cultural no noso país e no noso concello, o Samaín e o Magosto. O IES de Cacheiras, en colaboración co ENL, e o Club de Lectura, quere facer partícipe a toda a comunidade educativa das actividades que se realizarán no noso centro: 1.- Concurso de relatos de terror para 2º ESO ( lembramos que o curso pasado o relato gañador, de Alba Pérez Barcala, gañou tamén o 1º premio da Asociación cultural O Facho). Data límite de entrega, 14 de novembro. 2.- Narración Oral: contos de medo, por Paula Carballeira, para dous cursos, un de 1º e un de 2º ESO (data a confirmar). Financia Concello de Teo. 3.- Concurso de Cabazas para 1º ESO. Luns 3 de novembro (coa colaboración especial de María José Ruanova Mourullo, do persoal non docente) 4.- Magosto para 1º e 2º ESO. Martes 4 de novembro a partir das 1...