Modelos masculinos e femininos na literatura infantil-xuvenil. Un percorrido pola historia
Presentará a exposición alumnado do Club de Lectura. Este alumnado vai ser o verdadeiro dinamizador e protagonista da devandita exposición. A exposición repártese en dez expositores (mesas dobres numeradas). Esta é unha mostra dos modelos que a literatura universal infantil veu transmitindo, dende o seu nacemento ata hoxe, uns modelos ligados ao didactismo, moralismo e sexismo. A exposición recolle: -Información de cada época para que sirva de reflexión ao alumnado. -Fotocopias de portadas a cor, de obras literarias significativas. ...